Weather Report , ,

Formación para a Inclusión en Teranga Galicia

Formación para a Inclusión en Teranga Galicia

PROGRAMA TERANGA CORUÑA

Dende o Programa Teranga Coruña da Fundación JuanSoñador, continuamos apoiando o acceso a formación para a inclusión das persoas participantes no Programa, fortalecendo a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas que favorezan a súa autonomía.

Durante o mes de decembro de 2021 e o primeiro trimestre de 2022 realizáronse os seguintes cursos:

  • Preparación de exame de nacionalidade
  • Novas tecnoloxías: «Reducindo a brecha dixital»
  • Preparación do exame de español do Instituto Cervantes
  • Galego: estruturas básicas e vocabulario

Neles participaron un total de 66 persoas (40 mulleres e 16 homes).

PROGRAMA TERANGA LUGO

En Lugo comezamos tres cursos de formación para a inclusión, dous deles coas prazas completas e dous cursos pendentes de comezar en abril e maio.

Estamos a impartir tres formacións de diferente duración e contidos:

  • Preparación CCN2 e ESO, que comezamos o 4 de marzo e que remataremos o 20 de maio, con 60 horas de duración, onde damos apoio ás persoas participantes para preparar os exames de competencias clave de nivel 2 de Matemáticas, Lingua Española e Lingua Galega, para elo contamos coa colaboración de tres persoas voluntarias.
  • Aprendizaxe da lingua española, comezou o 10 de marzo e rematará o próximo 30 de xuño, con 60 horas de duración, con esta formación damos apoio a preparación dos exames de DELE A2 e tamén reforzo de Lingua Española e mellora da escritura e expresión.  
  • Aprendizaxes constitucionais e sociais básicos en España (CCSE), para preparar un dos exames para acadar a nacionalidade española. Comezamos o 9 de marzo e remataremos o 1 de xuño, tendo unha duración de 24 horas. A maioría das persoas participantes presentaranse o exame no mes de xuño.

En total contamos con 28 persoas con diferentes nacionalidades como Siria, Palestina, Malí, Marrocos, Venezuela, Cuba, Colombia, Nixeria, Togo e Brasil.

PROGRAMA TERANGA OURENSE

En Teranga Ourense, o longo do primeiro trimestre do 2022 realizáronse tres accións formativas de inclusión nas que participaron un total de 20 persoas (6 homes e 14 mulleres). Os cursos realizados foron:

  • Aprendizaxe da lingua española (DELE)
  • Aprendizaxe da lingua española
  • Aprendizaxe constitucional e social básico en España (CSE)

Destaca a riqueza cultural con persoas de 8 nacionalidades diferentes (Marrocos, India, Senegal, Ghana, Guinea Ecuatorial, Venezuela, Filipinas e Brasil). Tamén resalta a motivación, o bo ambiente e a creación de redes de apoio que van tecendo entre elas e eles.

Nas clases utilizáronse diferentes materiais audiovisuais e realizamos saídas para practicar español no entorno diario (mercados, tendas etc.). O curso das mañás está más orientado a preparación para o exame de nacionalidade, tanto A2 DELE como CCSE.

PROGRAMA TERANGA VIGO

En Teranga Vigo nos meses de decembro, xaneiro, febreiro e marzo impartimos 15 cursos de formación para a inclusión.

En total participaron 131 persoas de 24 nacionalidades distintas (Alxeria, Angola, Arxentina, Brasil, China, Colombia, Cuba, Ecuador, Exipto, O Salvador, España, Ghana, Marrocos, Mauritania, Nicaragua, Nixeria, Perú, Romanía, Rusia, Senegal, Sierra Leona, Siria, Tanzania e Venezuela) 82 mulleres e 49 homes. Impartíronse un total de 492 horas.

As formacións son:

  • Aprendizaxe da lingua española (10 formacións)
  • Novas tecnoloxías (1 formación)
  • Aprendizaxes constitucionais e sociais básicos en España (CCSE) (1 formación)
  • Preparación da ESO (2 formacións)
  • Acreditación de Esforzo de Integración (1 formación)

Neste cuadrimestre en Vigo destacamos que tódalas persoas que se presentaron o exame de CCSE trala actividade formativa superaron a proba. Desas doce persoas, ademais dez remataron connosco o curso de DELE tamén aprobaron.

A amplitude do aforo permitiu que os grupos de participantes puidesen ser algo maiores ademais de facilitar que en ocasións aquelas persoas que o precisaron asistisen con menores.

Seguimos a votar en falta as celebracións de final de ano, de curso… Pero tamén introducimos xa dun xeito natural a realización de probas lúdicas, xogos de palabras a través do móbil. Moitos destes recursos, que xurdiron nas formacións como alternativas para compensar as limitacións de aforo ou a algunhas clases presenciais, convertéronse nuns «novos aliados» nas formacións para complementar, practicar ou simplemente darlle un enfoque lúdico ós temas impartidos.

Estas actuacións están subvencionadas a través da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo FSE, no marco do Programa Operativo FES de Galicia 2014-2020 có obxectivo de promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Invitámosvos a continuar participando neste Proxecto Formativo

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Inclusión Social. Xunta de Galicia EU Social

#SenCoidadosNonHaiVida

#Mira #Emociónate #Coida #Transforma

#Apaisoadospolavida

#Apaisoadaspolavida


Tags assigned to this article:
formacionTeranga