by Fundación JuanSoñador | 7 Abril, 2022 8:22 a.m.
Dende o Programa Teranga Coruña da Fundación JuanSoñador, continuamos apoiando o acceso a formación para a inclusión das persoas participantes no Programa, fortalecendo a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas que favorezan a súa autonomía.
Durante o mes de decembro de 2021 e o primeiro trimestre de 2022 realizáronse os seguintes cursos:
Neles participaron un total de 66 persoas (40 mulleres e 16 homes).
En Lugo comezamos tres cursos de formación para a inclusión, dous deles coas prazas completas e dous cursos pendentes de comezar en abril e maio.
Estamos a impartir tres formacións de diferente duración e contidos:
En total contamos con 28 persoas con diferentes nacionalidades como Siria, Palestina, Malí, Marrocos, Venezuela, Cuba, Colombia, Nixeria, Togo e Brasil.
En Teranga Ourense, o longo do primeiro trimestre do 2022 realizáronse tres accións formativas de inclusión nas que participaron un total de 20 persoas (6 homes e 14 mulleres). Os cursos realizados foron:
Destaca a riqueza cultural con persoas de 8 nacionalidades diferentes (Marrocos, India, Senegal, Ghana, Guinea Ecuatorial, Venezuela, Filipinas e Brasil). Tamén resalta a motivación, o bo ambiente e a creación de redes de apoio que van tecendo entre elas e eles.
Nas clases utilizáronse diferentes materiais audiovisuais e realizamos saídas para practicar español no entorno diario (mercados, tendas etc.). O curso das mañás está más orientado a preparación para o exame de nacionalidade, tanto A2 DELE como CCSE.
En Teranga Vigo nos meses de decembro, xaneiro, febreiro e marzo impartimos 15 cursos de formación para a inclusión.
En total participaron 131 persoas de 24 nacionalidades distintas (Alxeria, Angola, Arxentina, Brasil, China, Colombia, Cuba, Ecuador, Exipto, O Salvador, España, Ghana, Marrocos, Mauritania, Nicaragua, Nixeria, Perú, Romanía, Rusia, Senegal, Sierra Leona, Siria, Tanzania e Venezuela) 82 mulleres e 49 homes. Impartíronse un total de 492 horas.
As formacións son:
Neste cuadrimestre en Vigo destacamos que tódalas persoas que se presentaron o exame de CCSE trala actividade formativa superaron a proba. Desas doce persoas, ademais dez remataron connosco o curso de DELE tamén aprobaron.
A amplitude do aforo permitiu que os grupos de participantes puidesen ser algo maiores ademais de facilitar que en ocasións aquelas persoas que o precisaron asistisen con menores.
Seguimos a votar en falta as celebracións de final de ano, de curso… Pero tamén introducimos xa dun xeito natural a realización de probas lúdicas, xogos de palabras a través do móbil. Moitos destes recursos, que xurdiron nas formacións como alternativas para compensar as limitacións de aforo ou a algunhas clases presenciais, convertéronse nuns «novos aliados» nas formacións para complementar, practicar ou simplemente darlle un enfoque lúdico ós temas impartidos.
Estas actuacións están subvencionadas a través da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo FSE, no marco do Programa Operativo FES de Galicia 2014-2020 có obxectivo de promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Invitámosvos a continuar participando neste Proxecto Formativo
Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Inclusión Social. Xunta de Galicia EU Social
#SenCoidadosNonHaiVida
#Mira #Emociónate #Coida #Transforma
#Apaisoadospolavida
#Apaisoadaspolavida
Source URL: https://fundacionjuans.org/gl/2022/04/07/formacion-para-a-inclusion-en-teranga-galicia/
Copyright ©2023 Fundación Juan Soñador unless otherwise noted.