Weather Report , ,

P.O.Garantía Xuvenil

Enriba

Concesión de subvención para a contratación de 3 persoas desempregadas polas entidades sen ánimo de lucro (Programa Operativo de Emprego Xuvenil)

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, concede á Fundación JuanSoñador unha subvención para a contratación de tres persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil para a realización do servizo de  “limpeza, mantemento e apoio nos centros de atención social da Fundación JuanSoñador” nas cidades de Lugo, Ourense e Vigo.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do “Programa Operativo de Emprego Xuvenil”. Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Este servizo iniciouse en novembro cunha duración de 7 meses. Ten como obxetivo manter en boas condicións de hixiene e de conservación as instalacións dos centros nos que a Fundación JuanSoñador desenvolve os programas e accións dirixidas a nenos, nenas, adolescentes e persoas adultas, co fin de garantir un entorno hixiénico, agradable e confortable. Á súa vez, as persoas contratadas a través desta subvención adquiren experiencia laboral, amplían a súa capacitación profesional  e melloran a súa empregabilidade e inserción laboral.