Weather Report , ,

O verán das Malaikas en Lugo

O verán das Malaikas en Lugo

Aínda que aínda con tres encontros e co verán polo medio, en Lugo arrincamos o grupo de Malaikas con moita ilusión a principios de xuño. Durante este tempo, fomos familiarizándonos aos poucos co proxecto, así como coñecéndonos entre nós.

Con xogos e dinámicas fomos atopando moitas similitudes entre nós e historias que temos en común, así como outras moitas que non pero que agradecemos compartir para reflexionar e aprender de forma conxunta.

O último venres que nos vimos fomos á Deputación de Lugo a ver unha exposición de cadros chamada “Corpo permeable, corpo insubstituíble”, pintados por Xema López. Xema é pintora vocacional e concibe o seu proceso artístico como un traballo de autocoñecemento e terapia. Representa ao ser humano como unha alma en constante transformación.

Nela puidemos apreciar dous partes diferenciadas. Na primeira vimos “o corpo permeable” onde aparecían representados corpos, segundo a autora, como un continente descontextualizado e impersonal, como protagonistas absolutos de historias que nós fomos convidadas a interpretar e descifrar de maneira subxectiva conectándoas coas nosas vivencias. Na segunda vivimos o “corpo insubstituíble”, onde xa só representábase un sentimento único e individual.

Quedamos co que deixaba escrito Xema na exposición e é que “a conciencia colectiva ao redor de temas tan íntimos é vital para poder curar unha sociedade danada. Aquí estamos. Isto somos”.

*Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Fundación JuanSoñador para o desenvolvemento do proxecto Malaikas.