«Voluntariado, a mellor medicina» (El voluntariado, la mejor medicina) – Mar

by Fundación JuanSoñador | 1 junio, 2022 10:30 am

Hoy compartimos la experiencia de Mar, voluntaria en JuanSoñador Lugo desde septiembre de 2021:

«O meu nome é Mar e empecei a miña labor como voluntaria en JuanSoñador Lugo en setembro de 2021 facendo apoio escolar e ocio con nenas e nenos de Educación Primaria.

A miña interese polo voluntariado sempre estivo presente xa que son Diplomada en Traballo Social e mentres estudei a carreira tamén levei a cabo labores de voluntaria con poboación maior.

Despois a miña vida profesional virou ao traballo administrativo na Xunta de Galicia e deixei de lado esa vertente social. Pero en 2006 comecei a traballar nun colexio da cidade no que hai moita diversidade, tanto étnica como económica e iso espertou de novo esas ganas de axudar para poder mitigar un pouco a impotencia das situacións das que era testemuña día a día. Poder dar algunha oportunidade as nenas e nenos que estaban predestinados ao fracaso escolar e polo tanto a limitar as oportunidades que a vida lles podía brindar.

En 2021 despois de pasar por una situación persoal difícil e convivindo coa pandemia púxenme en contacto con varias ONG coa intención levar a cabo labores de voluntariado coa poboación infantil  e xuvenil. En ese momento coñecín a Viki que me presentou a labor de JuanSoñador.

En setembro de 2021 comecei a ser voluntaria de apoio escolar con alumnado de primaria e dende o primeiro día roubaron o meu corazón. Coa axuda e paciencia infinita de Candela, a educadora do grupo, funme introducindo nel e desfrutando moitísimo do tempo que pasaba facendo voluntariado, Tanto que pasei de ir dous horas a semana a catro horas.

Para min compartir o tempo cos rapaces e rapazas foi a mellor medicina, transmítenche a súa ledicia, espontaneidade, aprendes das súas culturas e formas de vida e sentes o seu cariño. Sempre saes levando moito máis do que ti lles deixas.

O voluntariado para min é unha forma de vida. Nesta sociedade materialista baseada no consumismo, en ter máis e máis, non queremos dar, só recibir. Non miramos o noso redor para ser consciente do que esta sociedade esta producindo, de que os círculos da pobreza nunca se rompen senón intervimos.

O voluntariado e un intercambio, levas sempre consigo moito máis do que aportas. É unha sensación indescritible, cambia a forma de ver a vida, convértete en mellor persoa.

A sociedade necesita ser máis solidaria, mirar para o que temos ao lado e con pequenos pasos podemos facer un mundo mellor.

O VOLUNTARIADO ENGANCHA/ANÍMATE E PROBA»

#YoCuento #Mira #Emociónate #Cuida #Transforma

#Acompañandosoños #Transformandorealidades

¡Muchas gracias Mar por compartir tu tiempo, dedicación y experiencias! Esperamos seguir compartiendo camino contigo.

*”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia).

Free Download WordPress Themes[1]
Download WordPress Themes[2]
Download WordPress Themes Free[3]
Download WordPress Themes Free[4]
free online course[5]
download xiomi firmware[6]
Download Premium WordPress Themes Free[7]
ZG93bmxvYWQgbHluZGEgY291cnNlIGZyZWU=[8]
Endnotes:
  1. Free Download WordPress Themes: https://www.thewpclub.net
  2. Download WordPress Themes: https://www.themeslide.com
  3. Download WordPress Themes Free: https://www.script-stack.com
  4. Download WordPress Themes Free: https://www.thememazing.com
  5. free online course: https://www.onlinefreecourse.net
  6. download xiomi firmware: https://www.frendx.com/firmware/
  7. Download Premium WordPress Themes Free: https://www.themebanks.com
  8. ZG93bmxvYWQgbHluZGEgY291cnNlIGZyZWU=: https://downloadtutorials.net

Source URL: https://fundacionjuans.org/voluntariado-a-mellor-medicina-el-voluntariado-la-mejor-medicina-mar/