Natalia y Luis son voluntarios en JuanSoñador Lugo y han querido compartir sus impresiones sobre su experiencia con nosotros y nosotras.
Natalia, además de voluntaria en JuanSoñador, habla de Nicaragua en su testimonio, porque aquí en Lugo, fue promotora de una pequeña ONG de ayuda a Nicaragua. Aquí tenéis lo que nos escribe:
“Son Natalia, vivo en Lugo, son mestra por vocación, agora xa xubilada dende hai 3 anos, e amante da miña profesión.
Dende hai máis de 20 anos colaboramos dende Lugo en proxectos educativos en Nicaragua, sobre todo con infancia e muller. A educación é fundamental na liberación das persoas e a muller é o eixo fundamental arredor do que se artella a familia e, polo tanto, a sociedade.
Cando me xurdíu a oportunidade de participar na Fundación JuanSoñador, como voluntaria nas aulas de Competencias, foi una opción moi gustosa por traballar con adultos, a maioría mulleres, e seguir ligada ao ensino axudando ao alumnado a mellorar as súas opcións a nivel laboral.
A experiencia é do máis gratificante por seguir aprendendo do estupendo equipo de profesionais tan implicados da Fundación e polo enriquecemento persoal ao estar en contacto con realidades tan diversas.
Cando colaboras de voluntaria recibes sempre moito máis do que das. Grazas!”
Y también tenemos por aquí lo que nos cuenta Luis, al que le daríais una gran alegría si sus palabras os sirven para animaros a colaborar 😉 :
“Son Luís, de Lugo, mestre xubilado.
Agora dispoño de tempo e teño a sorte de que a vida me tratou ben. Por eso gusto de compartir e colaborar con aquelas persoas que necesitan algo do que eu dispoño.
Dar clases de Matemáticas a rapazas e rapaces foi parte do meu traballo. Facelo hoxe con persoas adultas que o necesitan e o agradecen é, para mín, máis que motivador.
Supoño que hai un algo de egoísmo, un chisco de lavado de conciencia… pero non facelo sería peor. E, se pola miña “culpa”, alguén se animara a colaborar con quen o necesite… encheríaseme o peito de contento.
Ánimo á xente que axuda aos demáis.”
¡Muchísimas gracias a Natalia y a Luis! Es un privilegio contar con vosotros en JuanSoñador Lugo. Gracias por todo lo que aportáis y por ser parte de esta gran familia de soñadores y soñadoras. ¡Sigamos soñando!
*”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia).