Grupo comprometido Asociación Veciñal San Breixo
29 de junio de 2021
Entrevista realizada dende o equipo de JuanSoñador Ourense a Xosé Carballido Presas, como presidente da Asociación Veciñal San Breixo, dentro do ”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia). ¿Cres que a asociación veciñal San Breixo esta relacionada co voluntariado? A Asociación Veciñal San […]

Entrevista realizada dende o equipo de JuanSoñador Ourense a Xosé Carballido Presas, como presidente da Asociación Veciñal San Breixo, dentro do ”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia).

¿Cres que a asociación veciñal San Breixo esta relacionada co voluntariado?

A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo nace en 1979 (hai 42 anos) froito do espiritu de colaboración dos homes e mulleres da vila, coa filosofía de primar o ben común por enriba do interese particular, que ambos ademáis deben ser compatibles. Este pensamento enlaza perfectamente co voluntariado, toda vez que esixe unha aportación do esforzo persoal en favor doutras persoas que en determinados momentos ou circunstancias necesitan deste apoio. Por esa razón, tanto o movemento veciñal como o voluntariado presentan nexos de unión común. A resposta das xentes de Seixalbo en calquera iniciativa de voluntariado (Fundación JuanSoñador, Protección Civil, Banco de Alimentos, Plataforma Ríos Limpos ou Amigas das Árbores) é un bo exemplo desto.

¿Dende cando colabora a Asociación de Veciñal coa Fundación JuanSoñador en Ourense?

Dende hai xa 8 anos. A primeira experiencia foi tan agradable, e emotiva e para ambas partes que acordamos mantela no tempo.

¿Qué destacarías de esta colaboración voluntaria?

A multiculturalidade é, sen dúbida, o elemento máis enriquecedor desta experiencia. Aprendemos doutras culturas, e queremos compartir a nosa.

A finais do século XIX, as pragas que asolaron os viñedos de Galicia, principal medio de vida de Seixalbo, provocou a primeira migración masiva das nosas xentes, que foron acollidos primeiramente no continente americano e xa posteriormente no resto de Europa.

Por iso sabemos moi ben do que falamos; todos os veciños e veciñas de Seixalbo temos familiares migrantes, e coñecemos a necesidade dese paraugas protector que ofrece o movemento voluntario, e valoramos moi positivamente a acción integradora que está a ofrecer a Fundación JuanSoñador.

Consideras que a vosa colaboración tamén repercute positivamente en Seixalbo?

Absolutamente. O sorriso que compartimos as xentes de Seixalbo coas persoas que nos visitan a través do programa Teranga queda interiorizado para sempre. Veñen un cento de persoas e marchan un cento de amigos e amigas; e quedamos con ganas de repetir. Velaí a proba!

#Mira #Emociónate #Cuida #Transforma

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Formulario socio/a JuanSoñador

Formulario socio/a JuanSoñador

Si has llegado hasta aquí es porque te gustaría formar parte de la familia JuanSoñador siendo socio o socia. Antes de nada, ¡GRACIAS! con tu apoyo podremos seguir dando continuidad a muchos proyectos que transforman realidadesResponsable del tratamiento: FUNDACIÓN...

Comunicado Fundación JuanSoñador

Comunicado Fundación JuanSoñador

La Fundación JuanSoñador cambia su denominación a JuanSoñador BoscoSocialDesde JuanSoñador queremos compartir contigo que, desde finales de septiembre de 2024, la Fundación JuanSoñador pasa a denominarse JuanSoñador BoscoSocial. Este cambio de denominación no afecta a...