Formación para a Inclusión en Teranga Galicia (abril-xuño 2022)

by Fundación JuanSoñador | 8 Xuño, 2022 12:07 p.m.

PROGRAMA TERANGA OURENSE

En Teranga Ourense, ao longo do segundo trimestre do ano 2022, realizáronse tres accións formativas de inclusión, nas que participaron un total de 17 persoas (8 homes e 9 mulleres)

Destaca a riqueza cultural con persoas de 9 nacionalidades diferentes: Marroquí, Senegalesa, Venezolana, Brasileira, Colombiana, Paraguaia, Dominicana, Cubana e Paquistaní.

Tamén destaca a motivación, o bo ambiente e  a creación de redes de apoio que se tecen entre elas e eles.

Neste trimestre fixéronse dúas saidas, unha delas foi á Biblioteca Municipal, onde visitamos as instalacións e rexistrámonos como persoas usuarias para poder acceder os equipos informáticos e así practicar o aprendido nas clases. Tamén fixemos saída co alumnado da clase de Aprendizaxe da Lingua Española, onde practicamos o aprendido no ámbito da vida diaria .

PROGRAMA TERANGA VIGO

  En Teranga Vigo nos meses de abril, maio e xuño impartimos 12 cursos de Formación para a Inclusión.

  En total participaron 91 persoas de 23 nacionalidades distintas (Marrocos, Senegal, Brasil, Siria, Angola, Tanzania, Exipto, Alxeria, España, Senegal, Romanía, Ghana, Serra Leona, Mauritania, Bolivia, Venezuela, Perú,  Guatemala, Chile, Colombia, Cuba, Rusia e Ucraína)  54 mulleres e 37 homes,  e  impartíronse un total de 275 horas.

  A nacionalidade con máis participantes con diferenza é Senegal, seguida de Brasil, Marrocos e Romanía.

 

PROGRAMA TERANGA A CORUÑA

En Teranga A Coruña impartíronse as seguintes accións formativas:

A estes cursos acudiron 28 persoas (19 mulleres e 9 homes) procedentes de Colombia, Venezuela, Perú, Brasil, República Dominicana, Senegal, Ecuador e Francia.

Actualmente está a facerse outro curso de Aprendizaxe da Lingua Galega no que participan 9 persoas (5 homes e 4 mulleres) de Venezuela, Colombia, Perú, Ecuador e Brasil.

Durante a última quincena de xuño impartirase un curso de Acreditación do Esforzo de Integración.

As persoas participantes neste proceso formativo fixeron unha enquisa de satisfacción ao rematar os cursos e sinalaron un grao de satisfacción superior ao 95% en cada unha das formacións recibidas. Isto convídanos a seguir traballando na mesma liña sabendo que o traballo que facemos xera un impacto positivo na vida das persoas.

PROGRAMA TERANGA LUGO

O longo deste trimestre en Teranga Lugo impartíronse os seguintes cursos de formación:

A estes cursos acudiron 48 persoas (29 mulleres e 19 homes) procedentes de Colombia, Venezuela, Marrocos, Pakistán, Nicaragua, Honduras, Togo, Brasil, Perú e Argentina.

Estas actuacións están subvencionadas a través da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo FSE, no marco do Programa Operativo FES de Galicia 2014-2020 có obxectivo de promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Invitámosvos a continuar participando neste Proxecto Formativo

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Inclusión Social. Xunta de Galicia EU Social

#SenCoidadosNonHaiVida

#YoCuento

Download WordPress Themes[1]
Download Premium WordPress Themes Free[2]
Download Best WordPress Themes Free Download[3]
Download Nulled WordPress Themes[4]
free download udemy paid course[5]
download intex firmware[6]
Download WordPress Themes[7]
free online course[8]
Endnotes:
  1. Download WordPress Themes: https://www.thewpclub.net
  2. Download Premium WordPress Themes Free: https://www.themeslide.com
  3. Download Best WordPress Themes Free Download: https://www.script-stack.com
  4. Download Nulled WordPress Themes: https://www.thememazing.com
  5. free download udemy paid course: https://www.onlinefreecourse.net
  6. download intex firmware: https://www.frendx.com/firmware/
  7. Download WordPress Themes: https://www.themebanks.com
  8. free online course: https://downloadtutorials.net

Source URL: https://fundacionjuans.org/gl/2022/06/08/formacion-para-a-inclusion-en-teranga-galicia-abril-xuno-2022/