Unha oportunidade para soñar


Comenzou sendo un proxecto de clase, pero rebasou as portas da escola.
Alejandra, Ángela e Nadia, estudantes de 4º ESO do Colexio San Juan de la Cruz de León, en maio de 2020 comezaron a desenvolver unha idea de negocio para contribuír economicamente con familias en situación de exclusión social, co propósito de chegar a numerosos nenos e nenas da cidade de León. A idea consistía en elaborar un libro de contos e relatos infantís baseados nos soños e desexos de nenos, nenas e mocidade que non contaron coas mesmas oportunidades que o resto. Jorge Díez, o profesor destas tres estudantes, non quixo que o traballo quedara arquivado nun simple cartafol. Así que contactou coa Fundación JuanSoñador e coa Asociación Auryn, e puxéronse mans á obra.
Os contos e relatos que foron escribindo partían do que en realidade soñaban nenos, nenas e mocidade a quen ambas entidades atendían no día a día. Un traballo que contou coa colaboración de dezaséis autores/as e ilustradores/as de León, sacando á luz o libro titulado Una oportunidad para soñar.
Unha publicación dirixida, principalmente, a un público entre os 6 y 12 anos de idade; e que finalmente se diseñou, según nos explica o profesor, con tres obxectivos prioritarios: dar voz a esa infancia e mocidade, espertar as conciencias das personas adultas (e non adultas) sobre unha situación real, pero invisible para gran parte da sociedade; e realizar unna aportación económica que mellorara as condicións vitais e as expectativas de futuro das familias destinatarias do proxecto.
Tras una longa e exitosa campaña, hai uns días, dúas das alumnas promotoras da idea entregaron un cheque, por valor de 706 €, ao responsable da Fundación JuanSoñador en León, resultado da recadación pola venta do libro, para os proyectos sociais da entidade.