«Eu, voluntaria» (Yo, voluntaria)
23 de septiembre de 2021
«Son Mª Mercedes García Filloy, mestra e psicopedagoga, xubilada dende fai uns anos por cuestións de saúde.                  A ti, que te achegabas a JuanSoñador Andaba eu a voltas no meu maxín. Morriña de tempos idos e preocupación polos vindeiros. E vinte. Os teus ollos pousáronse nos meus e amosáronme un mundo novo. Ti estabas, ti […]

«Son Mª Mercedes García Filloy, mestra e psicopedagoga, xubilada dende fai uns anos por cuestións de saúde.                 

A ti, que te achegabas a JuanSoñador

Andaba eu a voltas no meu maxín. Morriña de tempos idos e preocupación polos vindeiros.

E vinte.

Os teus ollos pousáronse nos meus e amosáronme un mundo novo.

Ti estabas, ti existías, máis aló das miñas miserables inquedanzas.

Os teus ollos pousáronse nos meus e xa non fun quen de apartar a miña vida da túa. Foi a túa mirada quen fixo milagres en min.

E xa non houbo máis tristuras, abracei un amencer: estar, vivir, aprender.

Os teus ollos pousáronse nos meus e souben que o camiño en solitario non vale a pena, que se recorre con alguén ao lado, á par, rabuñando a igualdade, deixando os folgos en busca de oportunidades.

A túa mirada ensinoume que os camiños son diversos, pero hai un corazón que nos une no sentimento, nas necesidades, na bondade.

Agradecemento infinito ás persoas que se achegan a JuanSoñador, por permitir que, coa súa mirada, poidamos poñer luz á nosa cada día. Agradecemento por ser valentes, por deixarnos coñecer as súas inquedanzas e ilusións, por non esmorecer, por intentar medrar e aprender aportando as súas experiencias, a súa vida.

Ao longo do tempo compartido como voluntaria, recibín moito máis do que eu son capaz de aportar. Hoxe entendo o voluntariado como oportunidade de vivir experiencias únicas e aprender a “ver” dende o respecto e a dignidade. Só tecendo redes de colaboración medraremos en harmonía e, algún día, as andainas serán de corazón con corazón, no mesmo chanzo, aloumiñando soños.

Na Fundación JuanSoñador atopei grandes profesionais, sempre á escoita dos que precisan compartir a súa experiencia e loitar xuntos por transformar as realidades. Para min é unha sorte poder colaborar, tanto con apoio educativo ou cursos de animación á escritura na parte de infancia, como con persoas migrantes en Teranga. É o meu lugar para soñar cun mundo mellor.»

¡Muchísimas gracias, Mercedes! Por el poema, por tus palabras, por tu acompañamiento, tu tiempo y tu apoyo. ¡Qué privilegio contar con personas como tú, que aportáis tanto en los proyectos en los que colaboráis!

¡Gracias, gracias, gracias!

#Mira #Emociónate #Cuida #Transforma

*”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia).

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Fomento del empleo en el Concello de Vigo-2024

Fomento del empleo en el Concello de Vigo-2024

Desde enero de 2024 tenemos la suerte de continuar contando con una compañera en la Fundación JuanSoñador en Vigo, bajo la subvención de "Fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2024» del Concello de Vigo.  

Empleo Oviedo

Empleo Oviedo

PIOME- Programa Integral de Orientación y Mejora de la Empleabilidad Dirigido a personas que, encontrándose inscritas como demandantes de empleo en las Oficinas del Servicio Público de Empleo del Principado de Asturias, se encuentren desempleadas y con especiales...

Día de la Fundación

Día de la Fundación

Día de la Fundación JuanSoñador 2024Un año más, con la misma ilusión, nos reunimos para celebrar el Día de la Fundación JuanSoñador. Este año con la diferencia de que lo organizamos a nivel local pero con las mismas ganas de siempre y poniendo el foco en disfrutar de...

Somos Voz

Nace con el fin de contribuir a generar un cambio en el modelo de acompañamiento a la infancia y a sus familias desde un enfoque comunitario en el que están comprometidas todas las personas y entidades que forman parte.Es innovación y busca ir más allá de lo...