«Estar, vivir, aprender» – Mercedes, voluntaria en A Coruña

29 de noviembre de 2022
Hoy compartimos la historia de Mª Mercedes, voluntaria en JuanSoñador A Coruña. Nos cuenta sus vivencias, experiencia y camino recorrido junto a nosotras/as desde la sensibilidad que le caracteriza. ¡GRACIAS! «Son Mª Mercedes García Filloy, mestra e psicopedagoga, xubilada dende fai uns anos por cuestións de saúde.              A ti, que te achegabas a Juan Soñador […]

Síguenos en las redes sociales

Hoy compartimos la historia de Mª Mercedes, voluntaria en JuanSoñador A Coruña.

Nos cuenta sus vivencias, experiencia y camino recorrido junto a nosotras/as desde la sensibilidad que le caracteriza. ¡GRACIAS!

«Son Mª Mercedes García Filloy, mestra e psicopedagoga, xubilada dende fai uns anos por cuestións de saúde.             

A ti, que te achegabas a Juan Soñador

Andaba eu a voltas no meu maxín. Morriña de tempos idos e preocupación polos vindeiros.

E vinte.

Os teus ollos pousáronse nos meus e amosáronme un mundo novo.

Ti estabas, ti existías, máis aló das miñas miserables inquedanzas.

Os teus ollos pousáronse nos meus e xa non fun quen de apartar a miña vida da túa. Foi a túa mirada quen fixo milagres en min.

E xa non houbo máis tristuras, abracei un amencer: estar, vivir, aprender.

Os teus ollos pousáronse nos meus e souben que o camiño en solitario non vale a pena, que se recorre con alguén ao lado, á par, rabuñando a  igualdade, deixando os folgos en busca de oportunidades.

A túa mirada ensinoume que os camiños son diversos, pero hai un corazón que nos une no sentimento, nas necesidades, na bondade.

Agradecemento infinito ás persoas que se achegan a Juan Soñador, por permitir que, coa súa mirada, poidamos poñer luz á nosa cada día. Agradecemento por ser valentes, por deixarnos coñecer as súas inquedanzas e ilusións, por non esmorecer, por intentar medrar e aprender aportando as súas experiencias, a súa vida.

Ao longo do tempo compartido como voluntaria, recibín moito máis do que eu son capaz de aportar. Hoxe entendo o voluntariado como oportunidade de vivir experiencias únicas e aprender a “ver” dende o respecto e a dignidade. Só tecendo redes de colaboración medraremos en harmonía e, algún día, as andainas serán de corazón con corazón, no mesmo chanzo, aloumiñando soños.

Na Fundación Juan Soñador atopei grandes profesionais, sempre á escoita dos que precisan compartir a súa experiencia e loitar xuntos por transformar as realidades. Para min é unha sorte poder colaborar, tanto con apoio educativo ou cursos de animación á escritura na parte de infancia, como con persoas migrantes en Teranga. É o meu lugar para soñar cun mundo mellor.»

*Programa de Sensibilización do Voluntariado «Acompañando soños, transformando realidades» (en colaboración con la Consellería de Política Social e Xuventude, Xunta de Galicia – Voluntariado Galego)

TE PUEDE INTERESAR

¿Qué es para ti el voluntariado? El equipo de Ourense responde

¿Qué es para ti el voluntariado? El equipo de Ourense responde

“Sentir del equipo en relación al voluntariado” (Plataforma Social JuanSoñador Ourense)  El voluntariado no es un tema baladí para la Fundación JuanSoñador, su programación, desarrollo y puesta en marcha es algo que requiere de esfuerzo, trabajo y tiempo. Desde nuestro sentir, el voluntariado implica una relación -entre las personas del...