Previsión meteorológica , ,

“Estar, vivir, aprender” – Mercedes, voluntaria en A Coruña

“Estar, vivir, aprender” – Mercedes, voluntaria en A Coruña

Hoy compartimos la historia de Mª Mercedes, voluntaria en JuanSoñador A Coruña.

Nos cuenta sus vivencias, experiencia y camino recorrido junto a nosotras/as desde la sensibilidad que le caracteriza. ¡GRACIAS!

“Son Mª Mercedes García Filloy, mestra e psicopedagoga, xubilada dende fai uns anos por cuestións de saúde.             

A ti, que te achegabas a Juan Soñador

Andaba eu a voltas no meu maxín. Morriña de tempos idos e preocupación polos vindeiros.

E vinte.

Os teus ollos pousáronse nos meus e amosáronme un mundo novo.

Ti estabas, ti existías, máis aló das miñas miserables inquedanzas.

Os teus ollos pousáronse nos meus e xa non fun quen de apartar a miña vida da túa. Foi a túa mirada quen fixo milagres en min.

E xa non houbo máis tristuras, abracei un amencer: estar, vivir, aprender.

Os teus ollos pousáronse nos meus e souben que o camiño en solitario non vale a pena, que se recorre con alguén ao lado, á par, rabuñando a  igualdade, deixando os folgos en busca de oportunidades.

A túa mirada ensinoume que os camiños son diversos, pero hai un corazón que nos une no sentimento, nas necesidades, na bondade.

Agradecemento infinito ás persoas que se achegan a Juan Soñador, por permitir que, coa súa mirada, poidamos poñer luz á nosa cada día. Agradecemento por ser valentes, por deixarnos coñecer as súas inquedanzas e ilusións, por non esmorecer, por intentar medrar e aprender aportando as súas experiencias, a súa vida.

Ao longo do tempo compartido como voluntaria, recibín moito máis do que eu son capaz de aportar. Hoxe entendo o voluntariado como oportunidade de vivir experiencias únicas e aprender a “ver” dende o respecto e a dignidade. Só tecendo redes de colaboración medraremos en harmonía e, algún día, as andainas serán de corazón con corazón, no mesmo chanzo, aloumiñando soños.

Na Fundación Juan Soñador atopei grandes profesionais, sempre á escoita dos que precisan compartir a súa experiencia e loitar xuntos por transformar as realidades. Para min é unha sorte poder colaborar, tanto con apoio educativo ou cursos de animación á escritura na parte de infancia, como con persoas migrantes en Teranga. É o meu lugar para soñar cun mundo mellor.”

*Programa de Sensibilización do Voluntariado «Acompañando soños, transformando realidades» (en colaboración con la Consellería de Política Social e Xuventude, Xunta de Galicia – Voluntariado Galego)


Tags assigned to this article:
Coruñagaliciasensibilizaciónvoluntariado