Érase unha vez…

by fjsadmin | 23 agosto, 2021 11:00 am

…unha familia moi moi grande. A familia protagonista da nosa historia vivía nunha casa enorme, que estaba dividida en diferentes andares. Estes andares contaban coa seguinte disposición: o primeiro andar, estaba dedicado a infancia; o segundo andar, estaba conformado por emprego; o terceiro andar tiña tódalas súas estancias centradas na inclusión; e por último, o ático estaba composto por diferentes habitacións nas que aquelas persoas que non podían acceder a súa propia vivenda, atopaban un sitio onde aloxarse mentres ían acadando as ferramentas para conseguir este obxectivo.

A familia medraba e medraba e non daban feito con tanto traballo, pero, afortunadamente, esta familia contaba con moitas persoas dispostas a axudala en aquelo que precisaran. E aí estaban as veciñas e veciños, que non dubidaban en botar unha man de forma xenerosa e voluntaria, sempre que podían. Algunhas destas veciñas e veciños só estaban en verán, outras as fines de semana e outras tódolos días, pero o que tiñan en común todas estas persoas era a súa preocupación pola nosa familia e o seu afán de colaborar con ésta de forma altruísta.

A familia da nosa historia estaba moi agradecida por tanta axuda e por sentir de forma tan próxima o amor do outro. Pasou un tempo cavilando e pensando en como facerlles chegar a todas estas persoas o inmenso agradecemento que sentían por recibir tanto, de persoas que non pedían nada a cambio. Despois de moito pensar, decidiron elaborar unha listaxe con tódalas persoas voluntarias que ao longo do ano foron dando o que estaba nas súas mans. Pero, despois de ler a listaxe, decatáronse de que algo faiaba, algo botaban en falta nesta lista… Que sería? Pois algo fundamental, todas esas persoas voluntarias que axudan a esta familia no seu día a día de forma anónima. Esas persoas que nin sequera saben que son voluntarias. E de feito, aquí temos unha listaxe aínda máis longa: a persoa que lles axudou na mudanza, a que lles fai debuxos para algunha actividade, a que lles dá os bos días, a que a acompaña ás actividades para contarnos as súas experiencias, a que lles arranxa un enchufe ou algunha que outra avaría, a que fai de tradutora, a que lle trae tortas para darlles alento… canta xente para darlles as grazas!!!

Así que, despois de moito pensar, acordaron que farían unha gran campaña para darlles ese recoñecemento, porque grazas a elas, a nosa familia protagonista medra como a gran familia que é… e colorín colorado este conto aínda seguirá por moitos anos!!

#Mira #Emociónate #Cuida #Transforma

*”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades” (en colaboración con Consellería de Política Social, Xunta de Galicia).

Free Download WordPress Themes[1]
Download Premium WordPress Themes Free[2]
Download WordPress Themes[3]
Download Best WordPress Themes Free Download[4]
udemy free download[5]
download intex firmware[6]
Download Nulled WordPress Themes[7]
ZG93bmxvYWQgbHluZGEgY291cnNlIGZyZWU=[8]
Endnotes:
  1. Free Download WordPress Themes: https://www.thewpclub.net
  2. Download Premium WordPress Themes Free: https://www.themeslide.com
  3. Download WordPress Themes: https://www.script-stack.com
  4. Download Best WordPress Themes Free Download: https://www.thememazing.com
  5. udemy free download: https://www.onlinefreecourse.net
  6. download intex firmware: https://www.frendx.com/firmware/
  7. Download Nulled WordPress Themes: https://www.themebanks.com
  8. ZG93bmxvYWQgbHluZGEgY291cnNlIGZyZWU=: https://downloadtutorials.net

Source URL: https://fundacionjuans.org/erase-unha-vez/