Almorzo con compromiso – Voluntariado en Lugo

12 de julio de 2022
En Lugo temos a gran sorte de ter ao noso carón xente moi comprometida que dedica unha parte do seu tempo a compartir con nós e coas participantes o seu saber e sobre todo o seu bo facer. Falamos do voluntariado, esas persoas que tanto nos aportan e complementan na nosa intervención. En Lugo, no […]

Síguenos en las redes sociales

En Lugo temos a gran sorte de ter ao noso carón xente moi comprometida que dedica unha parte do seu tempo a compartir con nós e coas participantes o seu saber e sobre todo o seu bo facer. Falamos do voluntariado, esas persoas que tanto nos aportan e complementan na nosa intervención.

En Lugo, no que vai de ano contamos con un total de trinta persoas voluntarias que viñan unha media de 2 – 3  horas á semana a participar das  actividades realizadas nos diferentes programas da JuanSoñador: Infancia, mocidade e familia, formación laboral e inclusión social de persoas migrantes.

Para cerrar o curso organizamos un pequeno almorzo, que nos permitiu poñer fin ás actividades realizadas ata o mes xuño (formación para inclusión, apoio educativo, actividades de ocio)  e ter un momento de atoparse, compartir, contar…e tamén de tomar café!

Fixemos un repaso das actividades e persoas atendidas no 2021 así coma un recordatorio dos anos de incorporación das persoas voluntarias. Algunhas levan tanto tempo que xa non se lembraban cando viñeran por primeira vez! Tamén quixemos facer unha pequena avaliación das súa participación e que nos deixaran algunha suxestión pero seguir mellorando. Algunhas das aportacións que nos deixaron por escrito foron:  “facer voluntariado reporta 2 vantaxes:  axudas a algunhas persoas e mantés  máis vivo  ese espírito de traballo, de convivencia, de sociabilidade, de coñecemento de xente”. “ Para min significa o seguir manténdome viva na miña elección de vida, na ensinanza para seguir axudando aso nenos/nenas”. “O que máis me gusta é ser capaz de continuar facendo o que me gusta, só a parte agradable”. “O que máis me gusta é o feito de facelo libremente sen burocracia, só pensando nas necesidades que teñen nese momento e de non estar pendentes dos resultados. Daste conta de que é o mellor e vense resultados”. “Me ha gustado como le han dado el manejo a los programas, más que sugerencia sería continuar con esos procesos y organización para seguir al servicio de la comunidad”.

Dende aquí queremos dar as grazas a todas as persoas voluntarias que tanto, e tan ben , aportan ao noso día a día, e sobre todo ó das persoas participantes nos distintos programas.

Desexámosvos un moi bo verán! Vémonos á volta das vacacións para seguir #acompañandosoños e #transformandorealidades.  

*”Programa de Sensibilización do Voluntariado -Acompañando soños, transformando realidades”

(en colaboración con Consellería de Política Social e Xuventude, Xunta de Galicia).

TE PUEDE INTERESAR

Cuarta edición de Diario Igualdad

Cuarta edición de Diario Igualdad

La cuarta edición de Diario Igualdad llega llena de luz y color, ¿la has visto ya?. Diario Igualdad solo es posible gracias al trabajo en red de educadoras y participantes de Teranga Vigo, Ourense y Coruña. Formamos un equipo y todas y todos estamos presentes en los distintos procesos de creación del mismo. ¡Seguimos! #AcompañandoSueños...

La biblioteca humana- JuanSoñador Ourense

La biblioteca humana- JuanSoñador Ourense

Una biblioteca es un espacio donde se preserva y se mantiene un registro cultural del pasado y del presente. Una biblioteca humana va un poco más allá. Su composición no está formada por libros. Su constitución y valor reside en las experiencias y en las vivencias de las personas que la conforman. Personas que -al igual que los libros- nos...