Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización
Descrición
É un proxecto de Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización que se realiza en Asturias dende o ano 2004.
Son diversas actividades que nos fan chegar «as outras voces» de persoas e colectivos que nos achegan a realidade de seres humanos que sofren a marxinación social, exclusión e o empobrecemento, de modo especial en países en vías de desenvolvemento. Un Proxecto que expresa que a Xustiza e a Solidariedade son posibles no noso mundo.
O Equipo Educativo está formado por un grupo de 10 voluntarios e voluntarias.
Obxectivo
- Crear un foro de debate, un espazo de información, formación e diálogo ante distintas realidades sociais que viven colectivos desfavorecidos en países en vías de desenvolvemento, fomentando unha conciencia solidaria, para dar resposta activa e solidaria ante estas situacións de inxustiza.
Actividades:
- Semana Solidaria en Mieres, que se organiza xunto coa ONGD ADECO-Asturias. Ao longo destes días realízanse mesas redondas, debates, exposicións fotográficas, cine con interrogantes, comercio xusto, concertos, café solidario,… implicando á administración e cidadanía local.
- Participación en actividades de Educación ao Desenvolvemento e Sensibilización con exposicións fotográficas e charlas en distintas cidades de Asturias.







