Na Rua en Vigo y A Coruña

Calidade da vida Infantil

Desenvólvese nas localidades da Coruña e Vigo dende xullo do 2009, a través dun contrato coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Este programa está destinado a nenos e nenas en situación de risco e desvantaxe social, preferentemente adolescentes de 14 a 18 anos e as súas familias.

Descrición

Os nenos, nenas e adolescentes aos que vai dirixido o programa veñen derivados polos equipos técnicos de Menores da Xunta de Galicia. Presentan necesidades na área escolar (escasa motivación, falta de atención, falta de hábitos de estudo, atraso escolar e absentismo), a área persoal-social (baixa autoestima, problemas de conduta e hábitos de ocio pouco saudables) e a área familiar (problemas de comunicación, convivencia, escasos recursos económicos) que dificultan o seu desenvolvemento persoal e integración social.

O equipo educativo está formado por 7 educadores e educadoras contratados/as, amais doutras persoas voluntarias.

O programa estrutúrase en dous proxectos, diferenciados polo ámbito territorial no que se desenvolve:

  • Proxecto “Na Rúa” A Coruña
  • Proxecto “Na Rúa” Vigo

Cada proxecto dispón de 15 prazas.

Información y contacto:
Programa «Na Rúa»
Tel: 639 817 789
espabila@fundacionjuans.org
__________________________
Proyecto Na Rúa CORUÑA
R/ Monasterio Toxos Outos nº 1.Bajo.15010. A Coruña
Tel. 677 112 705/ Tel. 981 101 264
naruacoruna@fundacionjuans.org
__________________________
Proyecto Na Rúa VIGO
R/Antonio Nebrija nº 3. Bajo.36211. Vigo
Tel. 677 166 940/ Tel. 886 090 688
naruavigo@fundacionjuans.org