Emancipa-Ananke

Inclusión social e laboral de mozos

Descrición

O Proxecto «Emancipa-Ananke de apoio a mozos e mozas en tránsito á vida independente» quere ser unha resposta a estas persoas que, provindo ou non do Sistema de Protección á Infancia, e tras cumprir 18 anos, poidan estar en situación de risco e/ou exclusión social, por carecer dunha rede social de apoio para afrontar a vida independente.

O Proxecto conta cunha vivenda de 3 prazas, para o desenvolvemento dos seus obxectivos.
O equipo Educativo está formado por 1 educadora.

Obxectivos

    • Potenciar a autonomía persoal dos mozos e mozas que se acollen ao programa.
    • Potenciar a creación dun contorno de referencia social
    • Apoiar na busca, consecución e mantemento dun emprego.
    • Posibilitar a autoxestión.

      Actividades

      Acompañamento de mozos e mozas:

      • Área persoal: potenciar o desenvolvemento integral do mozo ou moza.
      • Área formativa: favorecer o axeitado proceso formativo dos mozos e mozas.
      • Área de Saúde: potenciar hábitos saudables (hixiénico-sanitarios, sexualidade, prevención de drogodependencias…).
      • Área social e de convivencia: consecución dunha serie de habilidades sociais básicas para que establezan relacións positivas e estables no seu contorno.
      • Área Laboral: favorecer a inserción no mundo laboral.

      Área de vivenda: potenciar a autoxestión e a consecución dun ambiente de respecto, favorecendo a convivencia dentro da vivenda respectando as normas consensuadas

      TRABALLO NA RUA

      EMANCIPACIÓN