El Desván

Calidade da vida infantil

Inclusión social de mozos

Descrición

Vivenda destinada a menores de 14 a 18 anos do Sistema de Protección á Infancia.
A vivenda dispón dun máximo de 7 prazas mixtas, procurando así a cada menor unha atención nun ambiente de convivencia análogo ao familiar. Organizando a vivenda nunha unidade de convivencia reducida, esta favorece a atención integral das necesidades e o desenvolvemento do menor, respectando a súa intimidade e identidade, e permitindo un trato afectivo e unha vida cotiá personalizada, nun ambiente de seguridade e protección.

O equipo educativo está formado por 5 educadores e educadoras, co apoio de 2 persoas voluntarias e alumnado en prácticas da Facultade de Educación Social.

Obxectivo

Ofrecer aos menores en situación de risco ou desamparo, unha alternativa ao medio familiar, de convivencia máis normalizada e axeitada ás súas necesidades. Favorécese, así, a súa autonomía persoal, potenciando a capacidade de convivir en calquera ambiente e fomentando os valores de solidariedade, respecto, dispoñibilidade, tolerancia e igualdade e, en xeral, os principios democráticos de convivencia.

Actividades

As áreas de intervención  coas que se traballa de xeito individual son:

  • Saúde,  alimentación e hábitos nocivos.
  • Habilidades sociais, autoestima…
  • O relacionado co ámbito escolar, o labora, e a preparación para a vida independente.