Proxecto de Intervención Socioeducativa

Calidade da vida infantil

Descrición

Prográmanse e realízanse actividades de ocio e tempo libre para nenos e nenas que están en situación de garda ou tutela pola Xunta de Galicia, en centros de menores de titularidade propia ou colaboradores de iniciativa social. As actividades de apoio educativo ofrecen axuda a nenos e nenas con carencias educativas específicas, derivados polos equipos de orientación e/ou servizos sociais de atención primaria.

As actividades desenvólvense dentro das propias instalacións dos centros de menores ou das que dispón a Fundación.

Obxectivo

  • Proporcionar aos nenos e nenas unha educación no uso e distribución do seu tempo libre, que lles permita adquirir pautas e valores éticos e sociais, dando resposta aos seus intereses, ofrecendo vías para expresar a súa creatividade e protagonismo, contribuíndo así ao desenvolvemento de novas capacidades e habilidades.

Actividades

  • Ocio e tempo libre: Obradoiros, xogos, deportes, festas, cine, actividades de sensibilización, actuacións en directo, animación á lectura, actividades medio ambientais, excursións, saídas pola cidade...
  • Apoio educativo