Inserción social e laboral de mozos
Descrición:
Dende este proxecto, apostamos por diversas liñas de acción para favorecer un axeitado desenvolvemento dos e das adolescentes, mozos e mozas en idade laboral, e as súas familias, en ámbitos diversos, no seu tránsito á vida adulta; axudándolles a conseguir unha mellor inserción social e laboral.
Obxectivo
- Fomentar o pleno desenvolvemento persoal e social de adolescentes, mozos e mozas en situación de risco e/ou exclusión, e as súas familias, mediante unha intervención educativa preventiva; apoiando o proceso dos mozos e mozas, e as súas familias, no tránsito á vida adulta e o crecemento en autonomía, liberdade e responsabilidade; e logrando unha maior integración social e laboral destas persoas.
Actividades
- Sesións de Formación e Orientación Laboral.
- Sensibilización a empresas.
- Mediación con empresas.
- Titorización no proceso integral da persoa.
- Actividades lúdicas para mozos e mozas.
- Acompañamento e seguimento na obtención, o mantemento e mellora de emprego.
- Curso de cociña e habilidades para a emancipación.
- Sesións de capacitación en coñecementos básicos e cultura xeral.
- Traballo en rede e coordinación con outras entidades.
- Derivacións a cursos/centros de formación ocupacional.






