Emancipa-Enlace

Inclusión Social e laboral dos Mozos

Descripción

  • Emancipa: Acompañamento a mozos e mozas, maiores de 18 anos, que vivan en situación de risco e /ou exclusión social e que pertencesen ao sistema de protección ou derivados doutros servizos sociais.
  • Enlace: Oriéntase aos mozos e mozas que estiveron, ou están, dentro do Sistema de Protección, mediante a relación persoal dun voluntario ou voluntaria cun mozo ou moza. Para levar o seguimento do proxecto hai un equipo formado por un coordinador-educador, unha educadora e a colaboración de voluntarios e voluntarias.

Un equipo formado por un coordinador-educador, una educadora y la colaboración de voluntarios y voluntarias, lleva el seguimiento del Proyecto.

Obxectivo

  • Emancipa: Potenciar a autonomía persoal dos mozos e mozas que se acollen ao Proxecto a través dun acompañamento e seguimento, xa sexa dende o piso-Emancipa ou dende «Na rúa»..
  • Enlace: Facilitar, a través de voluntarios «enlace», un servizo mediador de cara aos mozos e mozas. Establecer unha relación entre dúas persoas (Voluntario/a e mozo/a) que favoreza e proporcione experiencias sólidas no seu proceso de madurez, creando contextos diferentes dende os que relacionarse con outras persoas, e que favorezan o seu proceso de socialización.

Actividades

  • Acompañamento dende o piso-Emancipa: proceso de incorporación, ritmo de acompañamento persoal, responsabilidade e protagonismo dos mozos e mozas na organización das súas propias vidas, aprendendo a convivir.
  • Acompañamento dende “Na rúa”: defínese o tipo de acompañamento que precisa segundo as súas circunstancias (asesoramento persoal, apoio e integración, orientación, acceso a recursos…). Fíxanse compromisos, avalíanse e refórzanse os logros, ao tempo que se lles anima na consecución do que lles queda por conseguir.
  • Acompañamento dende Enlace: previo a todo está a formación específica dun grupo de persoas voluntarias para poder comezar o seu acompañamento enlace. Despois, o voluntario ou voluntaria establecerá unha relación, tanto co rapaz ou a rapaza coma co Centro no que se atope.