Calidade da vida infantil
Descrición
É un proxecto de intervención con adolescentes, enfocado nun barrio concreto da cidade. Mestura captación e educación de rúa con traballo de grupo, vertebrado por unhas sesións englobadas en 5 módulos. É un Proxecto Socioeducativo, na liña da promoción de factores que realzan e protexen o desenvolvemento integral do adolescente, proporcionando recursos e habilidades persoais e sociais que lles leven a «estar ben» física e psicoloxicamente, así como a potenciar a súa plena inserción social.
Obxectivo
- Promover a promoción do desenvolvemento integral do adolescente, servindo de protección, apoio e soporte emocional e social, para un desempeño axeitado das tarefas evolutivas propias desta etapa.
Actividades
- CAPTACIÓN NA RÚA DOS RAPACES E RAPAZAS: Coa filosofía de ir a aqueles lugares onde, por diversas circunstancias, non se está a chegar. Desenvolvemos actividades de captación de rúa, onde entramos en contacto co ambiente cotián destes rapaces e rapazas.
- SESIÓNS SEMANAIS: Onde se fan distintas actividades grupais propostas polo proxecto cos seus obxectivos e metas.
- ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS: Para fortalecer o grupo e dar oportunidades de dinamizar os intereses, culturais, deportivos, sociais… dos rapaces e rapazas, realízanse actividades en distintos tempos (de día, de fin de semana, dunha tarde) onde é o rapaz quen propón, busca a forma de levalo a cabo e a executa.







