Centro de Día Fontana

Calidade da vida infantil

Descrición

O Centro de Día Fontana iníciase en maio de 2001, como un proxecto socioeducativo cuxa finalidade é a de crear un espazo alternativo para menores e as súas familias, garantindo un ambiente de prevención, promoción e desenvolvemento persoal, reforzando as actitudes positivas e a capacidade de cambio de cada rapaz ou rapaza.

Cada día acoden ao Centro un grupo de arredor de 15 mozos e mozas, entre 14 e 18 anos, derivados dende a Unidade de Intervención Educativa, a Sección de Protección á Infancia e os diferentes CEAS de León.

 

O equipo Educativo esta formado por 3 persoas contratadas e un pequeno grupo de voluntarios e voluntarias.

 

Obxectivo

  • Ser un espazo educativo de referencia que garanta, dende a proximidade, un ambiente de promoción, prevención e desenvolvemento persoal e grupal normalizado e aberto á realidade.

 

Actividades:

As  actividades desenvólvense tendo en conta cinco contextos de intervención;

  • Individual-grupal.
  • Prelaboral.
  • Familiar.
  • Comunitario.
  • Escolar

A partir destes contextos, desenvólvese un amplo abano de actividades que van dando forma aos obxectivos formulados con cada mozoe  moza. Algunhas destas actividades son: Formación e Orientación Laboral, Apoio Escolar, Habilidades Sociais, Obradoiro de Cociña, Obradoiros Manuais, Educación Vial, Obradoiro de Música.