PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

 

Descrición

A nosa Fundación JuanSoñador avoga dende o inicio polo voluntariado. Considera o voluntariado como plataforma de educadores, educadoras e axentes de transformación social para a defensa e promoción de valores que permitan un ámbito máis xusto e solidario.

Optamos por un voluntariado formado, ou en proceso de formación, que se relaciona coa cidadanía de modo desinteresado, solidario e de cooperación voluntaria. Establécese un programa de seguimento e avaliación co voluntario, con reunións periódicas e criterios fixos de avaliación.

Na actualidade, en todos os nosos Proxectos e Programas, contamos con voluntarios ou voluntarias, mozos e maiores.

 

Obxectivo

  • Posibilitar a participación de persoas que, dende o seu desenvolvemento persoal e en solidariedade cos demais, colaboren a reducir a vulnerabilidade de persoas necesitadas e a crear unha sociedade máis xusta e solidaria a través de proxectos sociais.

 

Actividades

O Programa de Voluntariado posibilita a pluralidade dos propios voluntarios e voluntarias en calquera das nosas liñas de intervención:

  • Calidade da vida infantil en Centros de Día e Fogares para menores.
  • Inclusión social e laboral dos mozos nos diversos proxectos.
  • Acollida e inserción sociolaboral de persoas inmigrantes: asistencia xurídica, obradoiros profesionais, formación e asesoramento.
  • Participación cidadá: programas de axuda ao desenvolvemento, campañas de sensibilización…